Corrubedo recupera mañá mércores o servizo médico

26 Maio 2020

O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz puido saber en conversas mantidas hoxe con Sanidade que mañá mércores quedará restablecido o servizo médico no centro de saúde de Corrubedo.
Así, segundo se lle foi explicado ao primeiro edil, o traslado a outra dependencia do facultativo alí emprazado tivo lugar porque Saúde Laboral desanconsellaba que o mesmo prestase tal función en solitario, razón pola cal se estiveron a levar a cabo os axustes pertinentes para que outro profesional realice este labor na citada parroquia.
Dende Sanidade se fixo fincapé en que en ningún momento se pensou en suprimir o consultorio de Corrubedo e, de feito, tanto a enfermeira como o PSX alí destinados seguían desempeñando as súas competencias con normalidade.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.