Os núcleos de poboación de menos de 5.000 veciños quedan libres de franxas horarias desde hoxe venres

08 Maio 2020

Todos os núcleos de poboación de Galicia e por extensión da comarca con menos de 5.000 habitantes están libres de franxas horarias para establecer as saídas á rúa a partir de hoxe. Así o confirmó o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a través dun tweet no que comunica que a comunidade galega pasará de restrinxir as saídas tendo en conta a poboación dos concellos para facelo polos núcleos de poboación. O Prsidente dixo que “Desde mañá(hoxe venres) en núcleos separados de menos de 5.000 veciños poderase saír sen limitación horaria, como pediu a Xunta hai días e onte reiterei a Pedro Sánchez. Agradezo a rectificación. Igual que se o Goberno se equivóca é a miña obrigación dicilo, recoñezo os seus acertos”.

Oleiros Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.