O_Concello da Pobra acompaña a apertura do consistorio dun detallado protocolo de protección sanitaria

25 Maio 2020

Este 25 de maio de 2020 pasou á historia como o día en que os nosos concellos entraron na fase II do proceso de desescalada, un novo treito da loita contra a COVID que confirma o bo traballo das administracións locais á hora de frear a pandemia entre a poboación e mitigar as súas consecuencias. A nivel cidadá e público, un dos símbolos por excelencia da nova orde de cousas é a reapertura deses referenciais espazos de encontro que foron e seguen a ser os consistorios. Co fin de garantir o mellor funcionamento e as mellores condicións de seguridade (e seguir avanzando no combate contra a pandemia), o Concello da Pobra acompañou a reapertura cun detallado protocolo de reincorporación ao traballo presencial e de medidas de protección fronte á COVID-19.

No protocolo recóllense todas as actuacións necesarias para evitar o contaxio da enfermidade unha vez que a administración municipal, de maneira paulatina, retoma o seu funcionamento normal.

A continuación reflectimos as medidas de protección habilitadas polo Concello da Pobra do Caramiñal para permitir o acceso da cidadanía aos servizos municipais:

  • Cómpre seguir en todo momento as instrucións recollidas na sinalización, sobre como actuar e a onde dirixirse.
  • Deberase realizar unha adecuada hixiene das mans ao entrar nas dependencias municipais, empregando a solución hidroalcohólica dispoñíbel.
  • A máscara de protección deberá usarse sempre que non se poida respectar a distancia de seguridade, algo que pode acontecer dentro do edificio do Concello, polo tanto pode considerarse que o seu uso é obrigatorio.
  • A atención presencial sen cita previa darase unicamente no rexistro municipal e no servizo de recadación. Nesta zona só se atenderá a unha persoa de cada vez.
  • O vestíbulo será a única zona de espera, non poderán permanecer máis de 3 persoas, e estas deberán situarse nos lugares sinalados no chan, que gardan entre si a distancia de seguridade.
  • As reunións coa alcaldía, as concellarías ou calquera outro departamento, funcionarán unicamente mediante a concertación de citas previas a través dalgún medio telemático como o correo electrónico ou a sede electrónica, tamén chamando aos seguintes números:
    • 981843281 para alcaldía e concellarías.
    • 981843280 extensión 2009 para os demais departamento
  • O uso do ascensor será sempre de xeito individual e exclusivo para as persoas con mobilidade reducida ou que teñan prioridade no seu uso por outros motivos xustificados.
  • O público visitante non poderá empregar os equipamentos informáticos, material de oficina ou outros obxectos dos empregados públicos.
  • Se unha persoa presenta síntomas da enfermidade causada pola COVID-19 (febre, dificultades ao respirar, tose) deberá abandonar as dependencias municipais de inmediato. Disporase nas dependencias municipais dun termómetro dixital por infravermellos que permitirá medir a temperatura corporal se fora preciso e con consentimento previo.
  • Para o uso da máquina do Servizo Público de Emprego de Galicia será obrigatorio a desinfección das mans antes e despois do seu uso, coa solución hidroalcohólica da que se dispón no dito espazo.

O Concello da Pobra de Caramiñal agradeceu nun comunicado “a comprensión destas medidas” e solicitou, tamén, “a máxima colaboración” por parte de toda a veciñanza, “pola seguridade de todos e todas”.

Para máis información e para consultar a evolución da loita contra a COVID no termo municipal, podemos visitar a páxina web apobra.gal, permanente actualizada e nutrida con novos datos sobre a pandemia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.