O xulgado de Ribeira arquiva dous casos de desobediencia por incumprir o confinamento

05 Maio 2020

O Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira, en funcións de garda, decretou o sobresemento provisional e arquivo de dúas actuacións iniciadas pola posible comisión de delitos de desobediencia. En ningún dos casos, segundo a instrutora, os axentes probaron que lles requirisen aos sospeitosos de forma persoal que abandonasen a vía pública, en cumprimento do confinamento derivado do estado de alarma. Por tanto, non existe a desobediencia do mandato que esixe o reproche penal. Un deles, segundo o auto, foi proposto para sanción administrativa por incumprimento das restricións á liberdade de circulación os días 19, en dúas ocasións, o 21 e o 22 de marzo. O outro acusado foi tamén proposto para multa os días 19, 20, en tres ocasiones, e 21 de marzo. En ambos os casos o Ministerio Fiscal solicitou o sobresemento. A xuíza resalta que as dilixencias da Garda Civil non acreditaron de forma suficiente que os sospeitosos mostrasen “unha reiterada e manifesta oposición ao cumprimento da orde lexítima, emanada da autoridade e os seus axentes, nin tampouco unha grave actitude de rebeldía ou unha contumaz negativa a cumprir a orde”. Nestes casos, os incumprimentos do confinamento, segundo a instrutora, “poderían chegar a merecer reproche administrativo, aínda que non se acreditou unha desobediencia de carácter grave tal e como esixe o reproche penal”. O Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira condenou ao pago dunha multa de 240 euros, como autora dun delito de desobediencia, a unha muller que recoñeceu saír á vía pública na Pobra do Caramiñal sen xustificación en sete ocasiones. En concreto, os días 16, 17, 20, 21, 22, 24 e 29 de abril. A xuíza tivo en conta á hora de ditar a pena, coa que a acusada se mostrou conforme, a agravante de reincidencia, pois xa fora condenada por feitos similares en dúas ocasións, e a atenuante analóxica de drogadicción. Contra a sentenza non cabe presentar recurso porque foi ditada baixo a conformidade de todas as partes implicadas no procedemento.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.