O SERGAS realizará test de detección da COVID a tripulacións de frota de altura nos hospitais de Santiago, Vigo, A Coruña e Burela

31 Maio 2020

O Servizo Galego de Saúde realizará test serolóxicos de detección do coronavirus a todos os tripulantes de buques de pesca que realicen mareas superiores aos dez días de duración e non teñan posibilidade de asistencia médica a menos de dúas horas dende a súa ublicación no mar (frota de altura e gran altura).
En función do resultado da proba e da presenza ou non de sintomatoloxía, o facultativo do Instituto Social da Mariña, que é o profesional que fará o test facilitado polo Servizo Galego de Saúde, poderá tomar a decisión de completar o proceso de acordo co protocolo clínico, nos hospitais do Sergas de Vigo, Santiago, A Coruña e Burela, no prazo máximo de 48 horas.
Garantías sanitarias O sector pesqueiro vén de transmitir a inquietude de tripulacións e armadores pola necesidade de proporcionar a debida seguridade e certeza en orden a que o traballo se realice coas debidas garantías sanitarias, e para despexar calquera dúbida en entornos de traballo e convivencia tan particulares.Este sector amosou o seu interese por articular os intercambios de información e traslado dos posibles casos de coronavirus entre os tripulantes, así como pola implementación de medidas sanitarias específicas e áxiles, que eviten demoras innecesarias ou períodos de inactividade ou bloqueo no normal desenvolvemento da
campaña.
Esta iniciativa de detección do coronavirus a tripulacións de frota de altura e gran altura, consecuencia dun acordo entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Social da Mariña, tamén suporá a inclusión da covid nos estudos epidemiolóxicos realizados polo ISM, así como a súa utilización para a posta en marcha de campañas de divulgación e prevención sanitaria.
Igualmente, suporá a inclusión na formación dos tripulantes de aqueles aspectos de hixiene, prevención e control de casos de contaxio por covid e a aprobación, por parte do antedito Instituto, dun conxunto de medidas hixiénico sanitarias para os traballadores do mar e outras persoas a bordo de embarcacións en relación co coronavirus.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...