O documental Rianxo con boa letra leva ás redes a súa mensaxe anti-crise

04 Maio 2020

A Rede ferve estes días de audiovisual especialmente indicado para tempos de confinamento e desescalada progresiva, pero se cadra poucos tan oportunos como o documental Rianxo con boa letra, un achegamento á industria e ao tecido produtivo do concello que se estreo en streaming este pasado 2 de maio e que podemos ver no YouTube, onde foi quen de amorear un importante número de reproducións (preto de 2.700 no dito servizo web), e as que veñan.

Trátase dunha peza audiovisual onde todos os elementos están dispostos para recordarnos a importancia de apostar polo local e polas iniciativas de proximidade, lanzadas polos nosos veciños e veciñas. Unha fórmula anti-crise que se pode extrapolar perfectamente á realidade de calquera dos concellos de Barbanza.

O documental veu da man da Produtora Xurdir, que adoptou a fórmula de estrealo en streaming dada a imposibilidade de facelo cunha presentación presencial, no Auditorio Municipal e coas bancadas ateigadas.

En palabras da produtora, “trátase dun documental dirixido a pór en valor o traballo das empresarias e empresarios de Rianxo, un traballo que hoxe máis que nunca merece ser recoñecido”.

Rianxo con boa letra, froito de intensos meses de traballo e unha exhaustiva investigación da realidade social e económica do concello, foi presentado durante este actual tempo de crise para “mandar unha mensaxe de esperanza e lembra que temos moito futuro por diante”, sinalou Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, durante a sesión en streaming deste sábado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.