O Concello de Ribeira adxudica os traballos da terceira intervención no Castro da Cidá

08 Maio 2020

O Castro da Cidá é un tesouro cuxos moitos valores foron só desvelados e divulgados en parte. Continuar co traballo de posta en valor do xacemento é un dos grandes obxectivos do Concello de Ribeira en materia de cultura, patrimonio e investigación, de aí que adxudicara de xeito provisional a escavación da muralla do recito superior do castro. Será a terceira intervención arqueolóxica no cumio do Monte da Cidá, onde se atopa un milenario asentamento fortificado de gran valor cultural, etnográfico, histórico e, tamén, turístico.

Segundo a clasificación aprobada este xoves 7 de maio, a actuación recae na empresa Terra Arqueos, S.L., e comporta un investimento de 177.386 euros, IVE incluído, co-financiados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, segundo a resolución sobre a concesión dunha subvención ao abeiro da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020 que xestiona a asociación Deloa.

O Concello recalcou que o castro era un emprazamento moi ben protexido, de aí a súa situación (no cumio dun outeiro que ofrece vistas panorámicas da contorna, tanto de terra como do mar) e de aí a súa complexa disposición. Así, de acordo coas investigacións levadas a cabo, o Castro da Cidá posuía tres liñas de defensa formadas por dúas murallas terraplenadas exteriores e, na parte máis próxima ás cabanas, por un terraplén rematado en parapeto circundando a plataforma superior ou croa. A intervención focalizarase neste último parapeto, nun espazo de aproximadamente 304 metros cadrados, cunha lonxitude aproximada de 53 metros e entre 5 e 6 metros de anchura.

O Concello engadiu qu ademais da “escavación propiamente dita”, a actuación inclúe “a restauración e consolidación desta área e activación dun plan de divulgación e posta en valor que comezará dende o mesmo momento en que se inicie o traballo de campo, con visitas durante toda a intervención nas que o equipo arqueolóxico atenderá as inquietudes que se propoñan”.

Os traballos teñen unha duración de dous meses

Facendo un algo de historia das actuacións levadas a cabo, o Goberno local lembra que as primeiras escavacións fixéronse entre abril e outubro de 2014 ao abeiro do primeiro proxecto Ribeira Atlántica, que estivo co-financiado con fondos europeos FEDER e que, “partindo dun descoñecemento case total do que había soterrado”, fixeron abrollar restos dun castro “en moi bo estado”, con 15 cabanas vinculadas á Idade de Ferro e unha caseta-vixía adscrita ao século XVIII.

En datas semellantes do 2015 levouse a cabo unha segunda fase, desta vez sufragada con fondos LEADER xestionados por Deloa, e sacáronse á luz as plantas doutras sete cabanas de granito das que se consolidaron cinco, amén de pequenos muros segmentados e a presenza de indicios da muralla-parapeto obxecto da presente intervención.

A día de hoxe tan só está intervido e estudado un 5% da extensión total do xacemento do Castro da Cidá, datada na Idade de Ferro e cunha superficie estimada de 21.620 metros cadrados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...