O Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña axudan á veciñanza coa tramitación electrónica

11 Maio 2020

O Concello de Rianxo, co gallo do Estado de Alarma aínda vixente e as restricións ao presencial, puxo en marcha medidas para facilitar a tramitación electrónica entre a cidadanía, unha metodoloxía de procedementos e comunicacións coa Administración local á que se lle deu prioridade (agás para trámites imprescindíbeis). Se ben a prioridade outorgada aos procesos dixitais puxo de manifesto unha serie de problemas importantes para unha parte da veciñanza (rianxeiras e rianxeiros que non dispuñan de medios de autenticación na Sede Electrónica do Concello, ou sexa, eCertificado, DNI Electrónico ou Cl@ve), o Concello solicitou á Deputación da Coruña “flexibilizar os requirimentos de autenticación na Sede Electrónica”. Segundo confirmou o Goberno local, este asunto vénse de resolver con éxito.

Que significa este obxectivo acadado? Pois, tal e como explicou o Concello, que mentres dure o Estado de Alarma o nivel de seguridade da Sede Electrónica local atoparase en nivel baixo, o que significa que podemos realizar trámites só con estarmos dados de alta no sistema Cl@ve (abonda estar de alta no sistema Cl@ve coa carta de invitación). Asemade, os trámites urxentes pódense presentar de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello con cita previa​​​​​​​, que determinará a urxencia da solicitude. As dúbidas a este respecto resolveranse no correo sede@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...