O Concello de Boiro leva equipamento anti-COVID aos salóns de peiteado e centros de estética

12 Maio 2020

Prosegue o reparto de material de protección contra a COVID-19 nos concellos da nosa comarca. Por exemplo en Boiro, onde esta semana o Goberno local continúa a distribución de equipamento (pantallas, xeles, luvas, máscaras) entre a poboación e entre os comerciantes que comezaron a abrir as portas dos seus negocios nesta fase da desescalada. Nestes primeiros días da semana o Concello puxo o foco nos salóns de peiteados nos establecementos de estética, que reciben un lote de arranque con material de seguridade para iniciar a actividade.

Este lote está formado por pantallas protectoras para os traballadores e traballadoras, un xel hidroalcólico para cada establecemento e tamén luvas. Os operarios de Protección Civil reparten tamén un paquete con 100 máscaras cirúrxicas doadas por JEALSA para clientes e traballadores

Este reparto de material comezou a facerse estes días nos salóns de peiteado e establecementos de estética que abriron as súas portas, pero seguirase facendo nos demais establecementos e comercios locais que vaian retomando a súa actividade para garantir que neles se cumpran as medidas de hixiene e seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.