O Concello de Boiro lembra que non está permitido o acceso a instalacións deportivas, parques infantís e áreas de autocaravanas

14 Maio 2020

Área de autocaravanas de praia Xardín, antes da crise sanitaria

O Concello de Boiro emitiu este 14 de maio un parte informativo no que se resolven as dúbidas da cidadanía respecto dos servizos municipais que están pechados nesta fase da desescalada do Estado de Alarma. Segundo informou, non están abertas á cidadanía durante a fase 1 do plan para a transición cara a unha nova normalidade as seguintes infraestruturas: parques infantís, instalacións deportivas, áreas recreativas e aparcamentos de autocaravanas. O seu acceso e uso non está permitido en todo o termo municipal.

O obxectivo é “evitar aglomeracións durante o proceso de desescalada ditado polo Goberno central”. Esta restrición tamén afecta ao estacionamento de autocaravanas de praia Xardín, no que non está permitida a estancia nin o uso dos seus servizos.

Respecto das praias e os paseos, están abertos e o seu acceso é libre para pasear, “pero non é posíbel permanecer nas mesmas para actividades como tomar o sol ou bañarse”, informou o Concello, engadindo que esta restrición é extensíbel a “todas as instalacións municipais en espazos pechados, tales como son instalacións deportivas e pavillóns, salas de exposición e lectura…”

As únicas dependencias que están abertas son as da Biblioteca Municipal, que desde esta semana permite o acceso do público en horario reducido para o préstamo e devolución de libros.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, pide a todos os cidadáns que “actúen con responsabilidade e fagan as saídas respectando as limitacións e medidas de hixiene pautadas polas autoridades sanitarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.