O Concello de Boiro lanza un vídeo para axudar á cidadanía nas súas comunicacións urbanísticas online

28 Maio 2020

O Concello de Boiro fixo nesta crise sanitaria un esforzo especial para garantir a plena interrelación coa cidadanía a través das vías telemáticas e telefónicas, facendo posíbel ás veciñas e veciños todo tipo de trámites online. Este compromiso co tecnolóxico segue en activo, e este xoves 28 o Goberno local deu a coñecer un novo vídeo-titorial sobre como facer, paso a paso, comunicacións en materia urbanística a través da Rede (por exemplo solicitudes de licencias de obras menores que se teñen que facer por declaración responsábel, de conservación e mantemento).

O vídeo forma parte dun programa de pílulas de divulgación publicadas na canle de Youtube do Concello para facilitar á poboación todos os medios en materia de xestión telemáticas, ceibando aos cidadáns da necesidade de acudir de forma presencial ás oficinas da casa consistorial e evitar deste xeito as aglomeracións e as colas.

O primeiro dos vídeos que se publicou é para tramitar instancias xerais, e agora sumase un titorial para tramitar comunicacións en materia urbanística, pero seguiranse realizando outros vídeos explicativos para facilitar os trámites de xeito telemático aos cidadáns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.