O Concello de Boiro comeza a substitución das xanelas do CEIP Santa María do Castro

15 Maio 2020

O Concello de Boiro vén de facer balance das súas máis recentes actuacións en materia de acondicionamento e posta en valor dos centros municipais, unhas tarefas que puxeron o foco estes días nos centros educativos. Esta semana comezaron as tarefas de substitución de parte das xanelas do CEIP Santa María do Castro, unha obra que segundo o Goberno local viña sendo “moi demandada” pola comunidade educativa e “que hai 10 anos que comezou a executarse”. A finalidade destas tarefas é asegurar que cando regrese a normalidade docente se faga nas mellores condicións posíbeis.

Respecto das obras que se realizan no edificio de Valiño, o Concello lembra que comezaron en 2010 pero que non puideran ser rematadas no que se refire ás xanelas, cuxa substitución estaba aínda pendente. Neste punto, co fin de darlle remate, o Goberno local chegou a un acordo coa Xefatura Territorial para que recaia nesta entidade o material e no Concello de Boiro a man de obra. Nesta primeira fase estanse a substituír unhas 30 ventás, “pero para finalizar por completo a obra faltan por chegar outras 60”, sinalou o Executivo local, engadindo que está pendente o envío das xanelas restantes desde Xefatura Territorial.

Por outra banda, co fin de seguir aproveitando esta paréntese da desescalada para seguir avanzando en melloras, o Concello solicitou a todos os centros de ensino do termo municipal que acheguen unha relación das necesidades para poder executalas durante estes meses. O obxectivo do Goberno local é que todos os centros estean listos para cando se retomen as clases do vindeiro curso escolar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.