O Concello da Pobra achéganos recomendacións para usar os contedores e evitar contaxios

04 Maio 2020

O Concello de Pobra do Caramiñal publicou estes días unha serie de recomendacións sobre o uso que cómpre darlle aos colectores de lixo durante a crise sanitaria pola COVID-19, que, segundo informou o Goberno local, poden chegar a ser un foco de transmisión, un problema que non se dá solucionado ao cen por cen ao deixar os contedores abertos, xa que isto pode carrexar que os animais esparexan o lixo pola rúa. Con vistas á imposibilidade de dar viabilidade a esta medida, o Concello acordou que os acubillos fiquen pechados e que só se poidan abrir para o o seu uso, “tal e como se fai en circunstancias normais”.

Como recomendacións para evitarmos calquera risco de contaxio, o Concello estabelece as seguintes recomendacións:

◦ Lavar las mans con auga e xabón ou cun xel hidroalcohólico antes de baixa-lo lixo.

◦ Baixar a bolsa do lixo nunha man e emprega-la outra para abrir o contedor.

◦ Á volta non tocarmos absolutamente nada coa man con que abrimos o contedor. Empregar a outra para abrir a porta, pulsar o botón do ascensor, a chave da luz etc.

◦ Lavar as mans con auga e xabón ou cun xel hidroalcohólico inmediatamente despois de chegarmos á casa.

◦ No caso de que non sexa posíbel seguir totalmente estas instrucións, lavar as mans antes e despois da operación debería ser suficiente para evitarmos calquera contaxio. E se é necesario pódese desinfectar con alcohol ou lixivia o pomo da porta ou calquera outra superficie.

◦ Pódense empregar luvas (guantes) para realiza-la tarefa, pero sempre usándoas de maneira axeitada, retirándoas sen tocar coa man a parte externa.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...