Novo envío pola Xunta de 2.862 unidades de material de protección ás residencias e entidade sociais do Barbanza

15 Maio 2020

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou que a Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con. Nesta área do Barbanza o séptimo envío desta semana inclúe 1.187 máscaras, 1.500 luvas e 175 traxes antisalpicaduras.
Ademais, os centros sociais do Barbanza tamén recibiron esta semana botes de xel hidroalcohólico e garrafas de 5 litros de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.
Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado sete envíos de material aos centros sociais da provincia que suman máis de máis dun millón de unidades de protección.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
Ovidio Rodeiro puxo en valor “a colaboración institucional da Xunta de Galicia coas entidades sociais” para “sumar esforzos” para contribuír na loita contra a expansión do virus.
Ademais, engadiu que “os envíos da Xunta de Galicia á comarca continuarán nas vindeiras semanas para garantir a protección das persoas que se atopan na primeira liña na loitacontra o coronavirus”.

Material enviado pola Xunta a residencias e entidade sociais do Barbanza

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.