Medio Ambiente da Xunta pide o Ministerio saber o número de visitantes que poderán acceder en cada fase do Plan para a transición o parque das Illas Atlánticas

06 Maio 2020

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, vén de trasladar á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, un escrito no que lle solicita unha maior concreción sobre o cupo que se establecerá, no momento en que entre en vigor a Fase I do plan para a recuperación da normalidade, deseñado polo Ministerio de Sanidade.

Segundo o Plan do Goberno Central, a partir desa fase poderán realizarse visitas en grupos reducidos aos parques naturais; mentres que na seguinte (a Fase II) se ampliará o número de visitantes a ditos espazos protexidos.

Neste sentido, a conselleira de Medio Ambiente solicita as previsións que manexa o Ministerio que dirixe Ribera sobre o número de persoas que poderán acceder ás illas do Parque Nacional en cada unha das fases. Tal e como indica Vázquez Mejuto, a Xunta quere coñecer esa cifra co fin de organizar con antelación o operativo de control e acceso ás illas.

Recorda que o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o Estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 e as súas sucesivas prórrogas, prohibiu o acceso ao Parque Nacional (salvo aos veciños/as das illas, a pesca e o marisqueo e ao persoal do Parque Nacional, para o desempeño nas súas funcións); polo que a Xunta adoptou a decisión de desactivar a aplicación informática para o sistema de autorizacións. Así, no momento en que se permitan as visitas, a Xunta ten que volver a activar esa aplicación co número de prazas que se poidan ofertar, así como organizar o servizo regular de acceso ás illas, horarios e condicións de atraque nos portos, coas compañía que ofrecen este transporte.

Indica que o feito de ter definidos ditos datos con antelación posibilitará estar preparados e deseñar un acceso a estes espazos naturais con todas as condicións e garantías necesarias para manter o equilibrio entre o regreso a estes espazos naturais únicos e a súa conservación.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.