Galicia non rexistrou vitimas onte día 19

20 Maio 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.063, deles 285 son da área da Coruña, 69 da de Lugo, 171 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 290 da área de Vigo, 168 da de Santiago, e 29 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 16 permanecen en UCI, 79 están en unidades de hospitalización e 968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.411 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 128.856. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,5% do total das persoas residentes. Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais. O total de vitimas é de 607 en Galicia e o número de casos é de 1063 persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.