Dispoñíbel unha ferramenta para calcularmos até onde podemos chegar cos nosos percorridos na desescalada

02 Maio 2020

O Goberno galego vén de activar unha ferramenta tecnolóxica que facilita os desprazamentos nestes intres de desescalada do Estado de Alarma pautada polo Goberno ao indicarnos onde está o límite do itinerario a percorrer. O sistema inclúe un visor do que podemos botar man a través da páxina web do Instituto de Estudos do Territorio (IET). A ferramenta, habilitada en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ofrece aos cidadáns “a posibilidade de calcular con precisión o radio no que poden desprazarse e planificar así as súas saídas”.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da que depende o IET, salienta que esta ferramenta online é de utilidade xa que existe certa complexidade á hora de saber, sen axuda das tecnoloxías, canto se poden afastar os nenos dos seus fogares e até onde está permitido que cheguen os deportistas e os paseos en familia.

Segundo informan o IET e AMTEGA, os usuarios interesados en utilizar esta ferramenta teñen dúas formas de calcular as distancias. A primeira consiste en fixar directamente sobre o mapa cun punteiro a localización do lugar de residencia e establecer a partir de aí o radio máximo de desprazamento. A outra opción é calcular directamente a través da pestana Medidas un percorrido concreto seguindo os propios viarios.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.