Continúan os festexos das Letras en Boiro co ciclo online Cultura na Rede

26 Maio 2020

As circunstancias que estamos a vivir obrigaron a que a edición 2020 do Día das Letras Galegas non fose unha edición comas todas as que viñeron antes, entre outras cousas porque as actividades realizadas puxeron o foco nas redes e, tamén, porque o feito de ser online fixo que se botasen abaixo límites especiais e temporais. O Concello de Boiro quixo contribuír ao derrube destes límites cunha completa axenda conmemorativa para todo o mes de maio.

Así, logo da programación propia do 17, que estivo centrada no autor ao que se lle adicou este ano do día das letras, Ricardo Carvalho Calero, impulsouse unha campaña online, Cultura na Rede, que ten como protagonistas ás/aos profesionais dos moitos eidos da cultura que traballan e residen en Boiro e que participan cunha serie de vídeos que revolucionan as redes.

O músico Fran Velo nun dos vídeos de Cultura na Rede

Segundo explicou hai uns días o Concello, o ciclo Cultura na Rede pon nas redes sociais, ante o mundo, a persoeiros locais da cultura nas súas múltiples manifestacións, por exemplo Fran Velo, Sonia Lebedynski, Diana Sieira, Riveiro Coello, María Magán ou Suso Santamaría, ente outros moitos. Na actividade fan unha presentación do seu traballo e explican o que representa para elas e eles o acto de crear ou impulsar a creatividade. Podemos seguir estes vídeos conmemorativos da cultura no Facebook e máis no Twitter do Concello de Boiro, ao longo de todo mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.