Boiro retoma este martes o seu mercadiño semanal

25 Maio 2020

O Concello de Boiro retoma este martes o mercadiño semanal que se deixou de celebrar polo Estado de Alarma producido polo COVID-19. As restricións da fase 2 do Plan de transición cara a nova normalidade indican que se poden celebrar cun terzo dos postos e controlando o aforo.
O proceso de desescalada, indicado polo goberno central, permite agora
celebrar os mercados ambulantes cun terzo do aforo e dando prioridade aos postos de alimentación. Mentres dure a segunda fase so se instalarán no
mercado semanal dos martes de Boiro os postos de alimentación, froitas e
plantas e a colocación farase de xeito que se cumpran as medidas de distancia mínima entre postos.
Os operarios municipais farán as desinfeccións da zona antes de facer a
montaxe dos postos e o espazo controlarase con presenza policial para que
non se fagan aglomeracións e se respecten as medidas de distancia e
seguridade marcadas polas autoridades.
Desde o Concello de Boiro pídese a todos os usuarios e usuarias do
mercado que respecten as medidas de seguridade, distancia e de hixiene que indican as autoridades sanitarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...