Boiro Novo propón substituír os contedores actuais por outros máis accesíbeis e hixiénicos

26 Maio 2020

Exemplo de recipiente de lixo accesíbel

A asemblea cidadá Boiro Novo, a través da súa concelleira Dores Torrado, presentou unha moción para ser tratada na corporación relativa á xestión de lixo local e á busca de novos sistemas e recursos para avanzar en comodidade e seguridade. A moción, nun plano máis concreto, propón a substitución dos contedores do lixo actuais “por outros máis accesíbeis e hixiénicos”.

Segundo lembra Boiro Novo, os actuais acubillos de lixo que hai no termo municipal, “tanto o amarelo de envases como o verde para residuos orgánicos”, son de apertura manual, o que constitúe un factor de insalubridade nunha situación normal e engade un elemento extra de risco ante situacións como a que estamos vivir da pandemia de COVID-19.

Ao devandito, sinala Boiro Novo, “cómpre engadir que estes contedores, polo seu sistema de apertura, son pouco accesíbeis para persoas con diversidade funcional, o que, unido ao mal estado dalgúns deles, a falla de limpeza, xunto coa demostrada inoperatividade daqueles que se atopan soterrados polo casco urbano, fai que a súa modernización sexa desexábel mesmo nunha situación de normalidade sanitaria”, explican, concretando a petición nos seguintes puntos:

· Que á maior brevidade posible se substitúan os contedores do lixo actuais por outros novos con dispositivos de “accionamento a pedal e accesíbeis a persoas con mobilidade reducida”.

· Que se substitúan os contedores soterrados actuais por illas ecolóxicas accesíbeis.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.