A Xunta permitirá a celebración de mercados agroalimentarios de proximidade a partir deste luns 4 maio

03 Maio 2020

A Xunta permitirá que os concellos celebren mercados locais de produtos agroalimentarios de proximidade a partir do próximo luns, 4 de maio, aínda que «sempre baixo estritas condicións de seguridade». Así o anunciou este xoves o conselleiro de Medio Rural, José González, que trasladou esta decisión durante a súa participación, por vía telemática, na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural xunto co ministro de Agricultura, Luís Planas, e os seus homólogos das diferentes comunidades autónomas. O titular de Medio Rural explicou que o Goberno galego considera que a entrada, o vindeiro luns, na ‘fase 0’ do proceso de desescalada, posibilita a reapertura deste servizo «baixo unhas regras» que en Galicia están xa establecidas desde o 24 de marzo. O conselleiro apoiou esta decisión no feito de que outras comunidades españolas xa abriron estes mercados, unha medida esgrimida tamén estes días por asociacións galegas de produtores para reclamar a apertura destes mercados. José González asegurou que o Goberno galego solicitou esta medida «en varias ocasións» e que agora «entende que se dan as circunstancias para adoptala». Do mesmo xeito, destacou que tanto el como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamaron que as actividades relacionadas co campo fosen das primeiras en retomarse a inicio da desescalada, o que fai necesario ir abrindo as canles de venda. Neste sentido, o conselleiro lembrou a posta en marcha por parte da Xunta de Mercaproximidade, unha canle de venda de produtos agrarios, que debe completarse agora cos mercados locais mintas non se normalice a situación da hostalería e a restauración, grandes consumidores deste sector. Do mesmo xeito, José González reclamou este xoves tamén ao ministro a reapertura dos mercados de gando, unha medida que tamén esixe o sector para dar saída aos animais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...