A Xunta financia 11 unidades de atención temperá na provincia das cales 3 son de nova creación

30 Maio 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a listaxe de concellos e agrupacións de concellos beneficiados desta liña de axudas cofinanciada polo fondo social europeo e coa que a cobertura deste servizo chega xa a 129 localidades da nosa comunidade.
“Do importe total das axudas da Xunta para estas unidades, apuntou Ovidio Rodeiro, a provincia da Coruña recibe unha achega que supera os 771.000 euros e haberá 3 unidades de nova creación, a agrupación compartida de O Pino, Touro, Boqueixón e Vedra e as unidades individuais de Sada e As Pontes de García Rodríguez” Ademais manteranse as unidades compartidas polos municipios de A Pobra, Ribeira, Boiro, Dodro, O Son, Noia e Lousame, ademáis de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo; a agrupación de Padrón e Rois; a agrupación de Abegondo, Bergondo e Carral; a unidade de Fene, Ares, Cabana, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño; a agrupación
de Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo e a unidade de Santa Comba e a Baña.
O delegado territorial destacou que rede galega de atención á infancia dispón tamén de recursos nos ámbitos sanitario, educativo e dos servizos sociais.
Prevención de trastornos
As unidades de atención temperá son fundamentais para identificar e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade.
O Goberno galego segue a apostar por este modelo baseado na prevención, a identificación e o tratamento precoz para dar resposta ás necesidades específicas que poidan presentar estes menores.
A atención temperá facilítalles ferramentas para gañar autonomía xa desde a infancia para que gocen dunha maior calidade de vida cando sexan maiores. Así mesmo, ao actuar antes hai máis opcións de evitar que os trastornos no desenvolvemento perduren no tempo e sexa máis difícil corrixilos.

Axudas de atención temperá para o 2020

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.