RTVE: “A illa das mentiras’, un thriller sobre do ‘Titanic’ de Sálvora e as súas heroínas”

22 Maio 2020

A web de RTVE fai un comentario sobre a película “A illa das mentiras” do que di é un thriller inspirado no afundimento do buque Santa Isabel fronte á illa galega de Sálvora en 1921. RTVE é un dos socios da película filmada o ano pasado en varias localidades da comarca e o estreno da cal tivo que ser retrasado en Galicia pola situación de pandemia.

COMENTARIO:

A película narra en ton de suspense e intriga a fazaña de tres mulleres que se lanzaron ao mar para salvar aos náufragos e todas as inesperadas consecuencias que para elas tivo ese feito. Dirixida por Paula Cons e participada por RTVE, A illa das mentiras está protgonizada por Nerea Barros (gañadora do Goya pola illa mínima), Darío Grandinetti e Aitor Luna e estrearase proximamente en salas de cinema. Distribuída por Filmax, é unha produción de Agalla Films, en coprodución con Aleph Media e Historias do Tío Luís. “A illa das mentirases unha longametraxe inspirada en tres mulleres inxustamente esquecidas”, explica a directora sobre a película.

“Un thriller protagonizado por unha muller sobre a fuxida da dor (a fuxida cara a adiante) e sobre as sombras, e practicamente ningunha luz, do heroísmo. E un thriller creado por unha muller”. Na madrugada do primeiro día do ano 1921, un barco con 268 pasaxeiros a bordo encallaba na entrada da ría de Arousa, provocando a maior traxedia marítima na historia de Galicia. Moi poucos oiron falar do naufraxio do vapor Santa Isabel coñecido como o Titanic galego, no que morreron 213 persoas.

“Nesta película pretendemos achegarnos a un feito histórico, á reflexión sobre a fuxida da dor (da protagonista e da sociedade) a través dunha película trepidante misteriosa, por momentos incómoda e visualmente poderosa”, di Cons. “Comecei a escribir esta película porque non podía entender por que non había ningunha praza nin rúa dedicada a elas en ningún lugar da nosa costa cando salvaran a 50 persoas no medio dunha tormenta. Pregunteime se ocorrese o mesmo se fosen homes”. (En Ribeira existe a Praza das Heroínas de Sálvora).

Cartel da “Illa das mentiras” versión en castelán

Sinopse

Que ocorre despois dun naufraxio no lugar que o contemplou e vivido todo? A noite do 1 de xaneiro de 1921, no medio dunha espesa néboa o vapor O Santa Isabel, con 260 emigrantes con destino Buenos Aires, afundiuse fronte á escarpada e dura costa da Illa de Sálvora, na provincia da Coruña. Esa noite non había homes na Isla, estaban a celebrar o Nadal en terra firme. A única esperanza dos sobreviventes que loitaban por non estrelarse contra as rocas eran as poucas mulleres, vellos e nenos que vivían nesta illa. Tres novos insulares deciden lanzarse ao mar nunha pequena embarcación tradicional. Remando só de oído, debido á espesa néboa e á noite pechada, logran salvar a 50 persoas. Todo o que ocorre desde esa noite vai sacudir e cambiar para sempre este lugar. Un xornalista arxentino acode á illa para cubrir a noticia do naufraxio. Pero aos poucos comproba que esa noite sucederon demasiadas terribles “casualidades” na illa. Son moitas as incógnitas que hai que resolver e á illa resultaralle imposible seguir sendo unha illa. Cine RTVE.

Trailer oficial da película “A illa das mentiras”. A película foi estrenada o pasado venres 15 na canle CINEArt da TDT Arxentina.

A web www.riveira.eu recolle ampla información e videos sobre o naufraxio do Santa Isabel e entrevistas co autor de ¨Salvora, memoria dun naufraxio. A Traxedia do Santa Isabel” obra editada en 1998 e que sirve de base para todos os textos posteriores escritos sobre a traxedia.

Outros artigos

Sinistro cunha motocicleta na avenida da Coruña do concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados pasadas as 22:00 horas deste sábado 11 de xaneiro dun accidente de tráfico acontecido na avenida da Coruña, no concello de Ribeira. A incidencia implicou unicamente a unha persoa que conducía un ciclomotor e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só...