A Biblioteca da Pobra informa de que xa se poden prestar ou devolver libros con cita previa

19 Maio 2020

O Concello da Pobra informou dun novo paso adiante na actividade da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí, que esta mesma semana, logo do impulso do Día das Letras Galegas e do avance das medidas de desescalada, xa volve prestar servizos presenciais tralo tempo prolongado de confinamento: servizos de préstamo e de devolución. Porén, desfrutar desta posibilidade por parte da cidadanía vén acompañado dunhas medidas de seguridade, tanto para as persoas que traballan na biblioteca como para a cidadanía.

Deste xeito, o Concello lembra que será necesario acudir con máscara de protección e empregar o xel hidroalcóholico que está posto disposición da veciñanza á entrada da biblioteca. Amais, haberá que manter a distancia de seguridade e non se poderá empregar, polo de agora, o servizo de lectura na sala, así como o uso dos computadores. Por outra banda, os libros deberán ser solicitados polas persoas usuarias e serán proporcionados polo bibliotecario. A atención será con cita previa, mellor en horario de 09.30 a 13.30 h. As dúbidas resolveranse no teléfono 981 831 633 ou a través de bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.