A ABE e Red.es imparten clases en liña sobre dirección de empresas

05 Maio 2020

Os nosos profesionais teñen estes días unha boa oportunidade para formarse en cuestións empresariais avanzadas da man da Asociación Boirense de Empresarios, que vai organizar catro actividades de capacitación en colaboración co Ministerio de Industria a través da entidade público-empresarial Red.es. Son cursos que orixinalmente estaban previstos para desenvolverse nas aulas de ABE pero tiveron que ser adaptados ao formato online por mor da pandemia e o Estado de Alarma. Xirarán todos eles arredor de distintos aspectos tecnolóxicos e innovadores de utilidade para darmos novos e importantes pasos en dirección de empresas.

Trátase das seguintes actividades:

· Creatividade e innovación. Martes 12 de maio, de 15:45 a 19:45 horas.

· Pensamento crítico. Xoves 14 de maio, de 15:45 a 19:45 horas.

· Resolución de problemas complexos. Luns 18 de maio, de 15:45 a 19:45 horas.

· Xestión de persoas. Mércores 20 de maio, de 15:45 a 19:45 horas.

Como requirimento básico para participarmos nestas accións de formación deberemos contar só cun computador e con conexión a Internet, xa que o programa está previsto desenvolverse online e en directo. Son actividades gratuítas e abertas ao público.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.