24 maio: Lixeira suba de vitimas, 70, tres das vitimas en Galicia, un deles un veciño de A Pobra

24 Maio 2020

As mortes diarias pola COVID19 subiron lixeiramente ata as 70 nas últimas 24 horas, o que sitúa a cifra total de falecidos por Covid-19 aos 28.752, segundo o informe publicado polo Ministerio de Sanidade.

Trátase dun repunte respecto a os últimos días, xa que o sábado rexistráronse 48 falecidos e o venres 56.

Tres novas vítimas do COVID19 en Galicia elevan a 613 os mortos. Un era veciño de A Pobra o que fai que sexan 26 os da comarca.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 869, deles 215 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 124 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 261 da área de Vigo, 147 da de Santiago, e 27 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 61 están en unidades de hospitalización e 796 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.716 persoas curadas, rexistrándose 613 falecementos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.