20 maio: España roza os 28.000 mortos por Covid-19, cun novo repunte: 95 falecidos. Galicia non rexistrou vitimas mortais

20 Maio 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 20 de maio.

– 27.888 mortos. A véspera contábanse 27.778. Son 95 máis.

– 232.555 confirmados por PCR. Ata o martes eran 232.037. Son 416 máis.

– Tamén repunta o número de novos casos confirmados por PCR: 416

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.063, deles 285 son da área da Coruña, 69 da de Lugo, 171 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 290 da área de Vigo, 168 da de Santiago, e 29 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 16 permanecen en UCI, 79 están en unidades de hospitalización e 968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.411 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 128.856.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.