Toxo amplía o seu catálogo (e as nosas opcións de lecer durante o confinamento) cun servizo de TV

21 Abril 2020

Dende este 18 de abril e coincidindo significativamente coa situación de confinamento derivada da pandemia (e coa necesidade de levar aos fogares a máxima cantidade de ofertas de lecer para sobrelevar a reclusión da mellor maneira posíbel) xa está dispoñíbel a televisión da operadora ribeirense Toxo Telecom, a ToxoTV, que ofrecerá un amplo abano de contidos variados para todos os gustos e tendencias (TDT, series e cinema a carta, canles infantís, canles educativas, deportes, documentais) a un prezo máis que interesante: de base, 1,95 euros para clientes do servizo móbil de Toxo Telecom e cen por cen de balde para clientes de fibra.

ToxoTV achega os seguintes paquetes de contidos: TV Enxebre (TDT, EscapadaTV, Insight, English Club, 100% Cine Lite, canles internacionais, VOD Torole), Enreda (TNT, TCM de Turner, AXN, AXN White, VOD Cine), Caza e pesca (Iberalia, Iberalia Pesca, Iberalia Caza, Cazavisión), En Xogo (Eurosport, Moto ADV, Fight Time, DBike, Surf, MasmediaMotor) e TV a Esgalla (“Un capacho e medio de canles”).

Para máis información, podemos visitar a páxina web de Toxo Telecom, o seu Facebook ou ben chamar ao teléfono 602 247 247.

Achegando telecomunicacións dende Ribeira

Toxo Telecom, para que non o saiba, é unha operadora galega posta en marcha en 2018 por tres emprendedores de Ribeira, centrada en ofrecer servizos de TV, móbil, fixo e Internet, “como ofrecen os grandes operadores”. O seu obxectivo prioritario, tal e como fan saber nas súas comunicacións web, “é coidar os seus clientes promovendo as mellores tarifas e servizos”.

Outros artigos

Mércores 16, marcado descenso térmico en Galicia

A comunidade quedará baixo unha circulación de vento do nordés que deixará máximas baixas para a época do ano. Galicia atoparase este mércores nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, marcada pola entrada dunha circulación de vento do nordés....

+

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz

“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz

Jesús Vázquez Paz Despedimos a Jesus Vázquez Paz, de longa e froitosa vida ao servizo da Igrexa, da Cultura e dos chairegos, que naceu no Buriz e ao Buriz volve para que repousen os seus restos mortais. Fun amigo daquel crego/monitor do TC de Pígara, hai case 60 anos,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.