Servizos Sociais de Boiro fai seguimento pormenorizado das necesidades dos maiores que viven en soidade

13 Abril 2020

O Concello de Boiro, a través o departamento de Servizos Sociais, puxo en marcha un servizo para pór remedio á situación de illamento e desamparo na que viven, especialmente nestes tempos de Estado de Alarma, as persoas maiores que viven soas. A iniciativa, que fai seguimento das súas principais necesidades e demandas (emprestándolles información sobre os servizos de atención e axuda postos en marcha polo Concello), xa está plenamente activa, con chamadas de seguimento do persoal de Servizos Sociais a todas as veciñas e veciños de Boiro que viven sen compaña e teñen máis de 65 anos.

Os traballadores van facer estas comunicacións de xeito periódico estas semanas para manter “un contacto constante e facer un control pormenorizado do estado destas persoas”, saber se teñen ou precisan algún tipo de asistencia e informalas, tamén, dos recursos locais dos que poden beneficiarse.

O obxectivo destas roldas de comunicación e atención é “detectar posíbeis casos de veciñas e veciños que non dispoñen de asistencia e precisan de axuda para facer a compra ou se lle leven alimentos ou medicinas”, informou o Concello, engadindo que se busca tamén informalos da existencia do Servizo de Asistencia para Persoas Vulnerables, co que se achegan produtos de primeira necesidade a través das entidades locais de Cáritas e Cruz Vermella.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.