Os empresarios de Ribeira piden máis implicación do Goberno para axudar ás empresas e autónomos

02 Abril 2020

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de dirixir un escrito ao Ministerio de Industria a respecto do Estado de Alarma establecido polo Goberno central para loitar contra a pandemia de COVID-19 e as medidas de urxencia, confinamento dos cidadáns e restricións á actividade social e empresarial postas en xogo. A entidade ribeirense, como aglutinadora do tecido empresarial do termo municipal, trasladoulle ao dito departamento estatal o seu apoio nesta crise sanitaria que implica a toda a sociedade e, tamén, aos equipos sanitarios e a todos aqueles que participan na loita a contra o COVID-19. Porén, fanlle chegar unha serie de importantes reclamacións.

No escrito, no que tamén garanten o compromiso e a dispoñibilidade dos autónomos e das grandes, medianas e pequenas empresas que forman parte da asociación para “facer todo o posíbel para cumprir con responsabilidade os mandatos do Estado de Alarma decretado”, os integrantes da asociación ribeirense manifestan que consideran “insuficientes” as medidas económicas acordadas para facer fronte á situación, poñendo o foco na obriga de cesar a actividade de todos os servizos que non sexan esenciais, que deberán “enviar aos seus traballadores á súa casa cun permiso retribuído e que se poida recuperar unha vez que finalice a alarma”.

A asociación mostra no comunicado a súa preocupación por unha serie de puntos: polo feito de que o custe da dita disposición recaia de maneira exclusiva no empresario autónomo (que terá que pagar o salario dos seus traballadores sen que estes traballen, e “consecuentemente, non xeren o rendemento preciso para afrontar estes custes”), pola decisión de prohibir despedimentos por causas económicas, técnicas, de produción ou forza maior durante a crise do coronavirus (que, segundo informan, “terá como consecuencia maiores custos para as empresas, moitas das cales serán forzadas ao peche”) e pola imposibilidade de certas entidades de poder presentar un ERTE, “que o van pasar aínda peor do que xa o están pasando”.

A asociación de empresarios cre que “nesta crise, aos autónomos non se lles condona a cota da Seguridade Social, agás para aqueles que cesen a actividade ou os que soliciten e obteñan a prestación por cesamento de actividade porque os seus ingresos diminuísen un 75%”, unha medida que non implica a exoneración da obriga de pagar impostos (só “é un aprazamento”) para os que cumpran estes requisitos, e que resulta tamén unha dura carga para quen non cheguen ao 75% da diminución, que deberán facer fronte igualmente á totalidade dos gastos e sen adiamento.

Os empresarios de Ribeira, ademais do devandito, considera que “tampouco se está a axudar aos autónomos a custear os gastos fixos, salarios, alugueres, subministracións, préstamos e taxas”, xa que, malia que é certo que existen liñas de crédito para as empresas e autónomos, “consideramos esta medida insuficiente para facer fronte a esta situación”. E engaden: “Necesitamos máis mecanismos útiles, rápidos e sen custo, que garantan a liquidez ás empresas, especialmente ás pequenas e medianas e aos autónomos, para evitar a súa quebra inmediata e que poidan manter a actividade protexendo o emprego”.

Outros artigos

O BNG reclama cubrir o 100% dos médicos en Ribeira e Aguiño

A veciñanza de Ribeira volveu mobilizarse este xoves 5 de marzo en defensa da sanidade pública para reclamar a cobertura das prazas sanitarias que continúan vacantes nos centros de saúde do municipio. O ex-alcalde, Luís Pérez Barral, xunto con compañeiros e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.