O xulgado de Ribeira ordena o ingreso en prisión de dous veciños da Pobra por incumprir o confinamento

08 Abril 2020

O Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira sentenciou hoxe a seis meses e vinte días de cárcere por incumprir o confinamento a un veciño da Pobra do Caramiñal ao que xa condenaron polo mesmo delito o pasado 31 de marzo. Entón multárono con 720 euros por saltarse a norma derivada do estado de alarma ata en once ocasións. A pesar diso, volveu saír á vía pública “sen xustificación algunha” e en seis días interceptárono os axentes ata nove veces, tres delas o 31 de marzo, o mesmo día da primeira condena. O acusado mostrouse conforme coa sentenza, polo que non a recorrerá.

A xuíza emitiu un auto no que rexeita a suspensión da pena de prisión e, polo tanto, ordena o ingreso no cárcere do sospeitoso. “Tal e como consta na sentenza ditada no día de hoxe, o condenado continuou cun total desprezo ás obrigas de confinamentos ditadas polas autoridades estatais”, destaca no auto, no que tamén fai referencia ao traslado de varias dilixencias de investigación relativas a presuntos roubos con forza nas que o condenado está investigado, aínda que non o puxeron a disposición xudicial por eses feitos.

O Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira tamén condenou hoxe a seis meses de prisión a un veciño da Pobra do Caramiñal como autor dun delito de desobediencia grave. O acusado recoñeceu os feitos e mostrouse conforme coa pena, do mesmo xeito que a Fiscalía, polo que non recorrerán a sentenza. A xuíza emitiu un auto no que decretou que non hai motivo para a suspensión da pena de cárcere, polo que ordenou o seu ingreso inmediato en prisión. A titular do Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira basea a súa decisión “na reiteración na actitude de desobediencia grave, a pesar das graves circunstancias sanitarias” e nos “múltiples antecedentes penais” do sospeitoso.

O condenado, segundo consta na resolución, ten “perfecto coñecemento das limitacións á liberdade de circulación das persoas” derivadas do estado de alarma. A pesar diso, saíu á vía pública “sen xustificación algunha” en quince ocasións, entre o 17 de marzo e o 7 de abril, todas as cales os axentes o interceptaron e advertiron. O 7 de abril tamén o detiveron como presunto autor de tres delitos de roubo con forza e hoxe pasou a disposición xudicial. Os feitos están a instruíse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.