O grupo municipal ribeirense do PBBI propón crear un fondo solidario para autónomos e empresarios

28 Abril 2020

A actual situación debido á pandemia da COVID-19 está a xerar graves consecuencias entre a cidadanía e dun xeito especial, nas empresas e negocios de Ribeira.

É por iso que o Grupo municipal de PBBI (Partido Barbanza Independiente), propón que se axude a ese sector a pagar unha porcentaxe do canon da Seguridade Social e de parte do coste dos alugueres de locais en función de empregados debido o peche da actividade desde o mes de marzo.

O PBBI insta o pleno proceder a crear un fondo solidario para axudar a todos eses empresarios e autónomos a que poidan facer fronte á difícil situación actual e á que se lles aveciña e neste sentido propón o debate e si procede aprobación dos seguintes acordos:

1 – Que o Concello de Ribeira proceda a crear un fondo solidario cuxo destino sexa axudar aos empresarios e autónomos a que poidan facer fronte á difícil situación actual e á que se lles aveciña, coa finalidade de que poidan facer fronte ao pago do canon de autónomos e do aluguer dos seus establecementos, entre outros gastos.

2.- Ese fondo solidario estará composto inicialmente coas contías seguintes: 300.000 euros para campañas de dinamización e 1.500.000 euros para axudas directas a pemes, autónomos e a todo o tecido empresarial. Estas axudas estarán condicionadas ao mantemento do negocio e do emprego segundo as bases para desenvolver.

3.- Aprobación dunha rebaixa do 25% nos salarios e as dietas dos integrantes do equipo de goberno cunha duración mínima de seis meses.

4.- Aprobación dunha rebaixa do 25% nas dietas e asignacións a grupos políticos e pola asistencia a calquera comisión e plenos cunha duración mínima de seis meses.

5.- Redución durante, polo menos, medio ano das dedicacións exclusivas a tres persoas e eliminación da totalidade das dedicacións parciais, podendo manterse esta última medida en función de se prosegue a delicada situación. As prioridades cambiaron e debemos poñer todo o noso empeño en axudar todo o que se poida e non deixar a ninguén atrás.

6.- Bonificación nas taxas polo abastecemento de auga e da recollida de lixo do 100%, dos afectados polo peche, que se aplicará durante o período que comprenda o peche obrigatorio establecido polo real decreto do estado de alarma.

7.- Creación dun gabinete económico-xurídico para asesorar a todo o tecido empresarial e a todo aquel traballador afectado pola nova situación co fin de buscar solucións, pois non podemos quedar impasibles e deixar que os problemas se solucionen por se sós.

8.- Creación dun gabinete de expertos para asesorar a todos os afectados no aproveitamento do potencial das redes sociais e venda online #ante a situación que se aveciña.

9.- Mantemento dos plans de limpeza e desinfección en todas as rúas de maior tránsito do municipio e nas zonas en que estean abertos establecementos de diferentes sectores.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.