O Goberno anuncia un plan de desescalada por provincias, en catro fases e oito semanas. Portugal deixa o estado de emerxencia o día 2 de maio

28 Abril 2020

O presidente do Goberno Pedro Sánchez explicou desde esta tarde desde a Moncloa, que o Goberno leva semanas traballando este plan e que analizou as experiencias doutros países, sempre para dixo “adaptalas á realidade do noso país”. Dixo que “o único propósito deste plan é poñer en marcha o país sen poñer en risco a saúde dos españois” manifestou o presidente do Goberno. O plan traballouse con comunidades autónomas, provincias e municipios.

A desescalada será en catro fases

-Fase 1. Na que se inclúe a apertura de locais para a atención individual dos clientes, por exemplo, restaurantes pero sen servizo no local. Tamén adestradores persoais.

Fase 2. Permitirase o inicio parcial dalgunhas actividades, como o comercio tradicional, aperturas de terrazas, hoteis e aloxamentos turísticos. Horario preferente para os maiores de 70 anos Seguirán actividades como a pesca ou os adestramentos de alto rendemento

Fase 3. Volta á normalidade, abriranse restaurantes con servizo de mesa. Que os nenos poidan acudir aos centros escolares. Inclúe a EBAU Visitas a monumentos, salas de exposicións Actos e eventos de como moito 400 persoas Lugares de culto poderán ampliar o aforo .

Fase 4 a máis próxima á normalidade, levantarase mais o aforo pero manteranse todas as medidas de protección e distancia

O plan foi deseñado pola vicepresidenta cuarta, Teresa Ribeira, cos ministros de Sanidade, Exteriores e Seguridade Social e a colaboración dun nutrido grupo de expertos.

O anuncio das medidas chega no día 45 da corentena. O Goberno anunciara desde hai tempo que a desescalada ía facer paso a paso; de forma asimétrica, de maneira coordinada e liderada desde Moncloa en base a uns criterios homoxéneos. E que os parámetros que van marcar o ritmo en cada territorio son: capacidade para dobrar, se hai repunte, as camas UCI dispoñibles; vixilancia epidemiolóxica para seguir a evolución dos contagios; posibilidade de identificar as fontes; e mantemento das medidas de protección colectiva.

Consello Ministros

Por outra banda o estado de emerxencia deixará de estar vixente en Portugal na medianoite do 2 de maio”. Así o anunciou este martes o presidente da república portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, tras unha reunión cos principais actores políticos e sanitarios do país. Portugal non volverá prorrogar o confinamento, polo menos por agora. Con todo, o dirixente lembrou que esta decisión “non significa o fin do brote” ou da “necesidade de control”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.