O Concello de Boiro sanea e acondiciona as marquesiñas do termo municipal

22 Abril 2020

O Concello de Boiro vén de facer balance da intensa actividade de limpeza e desinfección nas parroquias que realiza dende que se decretou o Estado de Alarma para frear o avance da pandemia, uns traballos que se están a desenvolver en todos os núcleos do municipio e que están a pór o foco, estes días, no saneamento integral das marquesiñas do concello, retirando cartelería antiga e poñendo e acondicionando a contorna.

Nos labores participan a diario uns vinte operarios, que fan especial incidencia nos núcleos de máis poboación e con máis afluencia de xente, por exemplo as proximidades das farmacias e os supermercados. Tamén poñen o punto de mira en diverso mobiliario público como bancos, papeleiras e contedores, ao que se engaden as ditas marquesiñas.

Segundo informa o Concello, moitas destas infraestruturas estaban deterioradas polo paso do tempo, sobre todo as diferentes capas de carteis colocadas sobre as súas cubertas. Os operarios comezaron as tarefas de saneamento na parroquia de Lampón, Boiro e Cabo de Cruz e continuarán por todo o municipio.

De xeito complementario, o Goberno local comezou a facer taboleiros de anuncios para colocar nas marquesiñas e permitir deste xeito que se poida engadir información nova de interese para as veciñas e os veciños, como os horarios das liñas de autobús que pasan por cada parada, bandos municipais ou outra cartelería de interese. Todas as marquesiñas se están a dotar de adhesivos informativos que lembran a prohibición de fixar carteis fora dos espazos reservados para ese fin, “garantindo así o mantemento e coidado das mesmas”, explicou o Concello.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.