O Concello de Boiro sae en axuda das familias para que poidan seguir contando con material escolar

06 Abril 2020

En tempos de pandemia, non todas as familias están en disposición de garantir coas mellores condicións a teleformación para a rapazada, ou sexa, a docencia a distancia adaptada ás novas ferramentas tecnolóxicas. Así, alén do feito de que haxa fogares que non dispoñen dos libros que precisan, hai unha cantidade importante deles que non contan con impresora para ter en formato papel os documentos que lles envía o profesorado durante o Estado de Alarma. Co fin de botar unha man neste punto, o Concello de Boiro puxo en marcha unha iniciativa para facilitar a entrega de material escolar ao alumnado do municipio.

A tarefa está a ser desenvolvida polos operarios municipais, que carrexan até os domicilios non só as fotocopias requiridas, senón tamén libros e outro material escolar. O obxectivo: que o alumnado poida continuar coas tarefas formativas durante o confinamento.

O Concello lembra que a semana pasada púxose en funcionamento un servizo de impresión de fotocopias para as familias que non dispoñen dos recursos ou medios para facer unha aprendizaxe virtual nas súas casas, sendo o profesorado o que se encarga de contactar co persoal municipal para indicar as impresións que hai que facer e en que domicilios cómpre realizar a entrega.

Ademais das impresións de material específico que se irán entregando semanalmente, os operarios municipais están aproveitando o período vacacional correspondente coa Semana Santa para facer entrega dos libros do alumnado que ficaban nos colexios, “para que dispoñan deles nas casas de cara á nova avaliación e que sexa moito máis sinxelo continuar coas materias”, informou o Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.