O Concello de Boiro pon o servizo de teleasistencia da Deputación a disposición de todos os veciños que vivan sós

07 Abril 2020

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servicios Sociais, vén de anunciar a realización dos trámites precisos para contar co servizo de teleasistencia que xestiona a Deputación da Coruña, un servizo que ten como obxectivo “mellorar a calidade de vida das persoas que viven soas, sobre todo durante o confinamento ao que están obrigadas todas as veciñas e veciños por mor da crise sanitaria e o Estado de Alarma”. O sistema inclúe un intercomunicador que pode ser carrexado en todo intre e que acjega atención e conexión nada máis premelo.

O servizo da Deputación

Coa declaración do Estado de alarma, a Deputación Provincial da Coruña ampliou o servizo de teleasistencia que presta para poder estendelo a todas as persoas maiores que o demanden mentres dure a alerta sanitaria do COVID-19. Durante este período, simplificáronse tamén os trámites para a súa solicitude para que se respecte o confinamento.

100 altas

Desde que se ampliou o radio de acción do servizo con motivo do COVID-19, rexistráronse cen altas en toda a provincia, catro das cales pertencen a Boiro. O Concello lembra que todos os boirenses que teñan mais de 65 anos e vivan sós poden solicitar este servizo ou informarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.