O Concello de Boiro levará ás familias material escolar impreso

02 Abril 2020

A interrupción da actividade escolar e a situación de confinamento á que están sometidas as familias dos nosos concellos logo do Decreto de Alarma, motivou que nunha chea de fogares estean a recibir mancheas de material escolar da man do profesorado coas que non hai posibilidade de traballar agás que se dispoña dunha impresora capacitada para converter en papel tal cantidade de deberes, fichas e demais. Co fin de botar a unha man ás nenas e nenos, están a xurdir na nosa comarca iniciativas que levan o material impreso aos domicilios. Se os días pasados falamos de Neoprint en Ribeira, hoxe o Concello de Boiro deu a coñecer a posta en funcionamento dun servizo de impresión de material escolar.

O Concello explicou que neste caso será o propio profesorado o encargado de enviar ao Consistorio o material que deben imprimir e máis os datos das alumnas e alumnos para facerlles chegar as fotocopias. Este procedemento levarase a cabo unha vez por semana. Os operarios municipais serán os responsábeis de carrexar todas as fotocopias aos domicilios do municipio para que a rapazada poida seguir, na medida do posíbel, coas tarefas educativas.

O Goberno local tamén lembra que este servizo de impresión está xa en funcionamento noutros municipios, e que dende o Concello de Boiro tamén viron a necesidade de poñelo en marcha, “para facer chegar ao alumnado do municipio que o necesita os materias impresos para realizar as súas actividades diarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...