O Concello de Boiro e a ABE traballan por videoconferencia en medidas de reactivación empresarial

09 Abril 2020

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, mantiveron este mércores 8 de abril unha xuntanza por videoconferencia con membros da ABE, a Asociación Boirense de Empresarios, co fin de establecer as vindeiras liñas a seguir no seu labor conxunto contra a crise sanitaria e os seus efectos no tecido produtivo local. Por parte da entidade estiveron presentes o presidente, Daniel García, o vicepresidente, Javier Caamaño, o vocal de hostalaría, Cristian Lago, e o xerente, Tomas Estévez.

O obxectivo específico da xuntanza, que se repetirá de xeito periódico, foi comunicar ao empresariado as novidades da situación do Estado de Alarma e as iniciativas nas que está a traballar a Administración local, por exemplo a posta en marcha de fórmulas que mitiguen as perdas económicas que produce a paralización empresarial, especialmente graves nos eidos da hostalería e o comercio.

Estas mesas de traballo teñen tamén como finalidade escoitar as dubidas e preocupacións dos empresarios e buscar unha solución conxunta.

O alcalde informou aos membros da ABE do contacto e dos vencellos que o Concello ten con outras administracións para aplicar as devanditas medidas de apoio ao tecido produtivo.

Pola súa banda, os comerciantes e empresarios de Boiro mostraron ao alcalde e ao concelleiro a súa preocupación no referente á vindeira tempada de verán, a época de maior afluencia de xente no municipio, e cuxa actividade, sinalaron, “preséntase este ano ben diferente”. Desde a asociación propoñen que se traballe de maneira conxunta en medidas e propostas de dinamización de cara á época estival para recuperar a actividade económica unha vez se levante o confinamento.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.