O CIM de Boiro participou nunha xuntanza telemática con Igualdade e Vicepresidencia

23 Abril 2020

O persoal do Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro participou este xoves 22 de abril nunha xuntanza telemática co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a secretaria xeral de Igualdade, Susana L. Abella, e as directoras dos Centros de Información á Muller de Monforte de Lemos, Curtis, Bueu. Santa Águeda, Terra de Outes e Mondoñedo. O motivo da reunión foi “facer unha valoración da situación das mulleres confinadas durante o Estado de Alarma”.

Na xuntanza as técnicas mostraron como se están a desenvolver os servizos de atención ás mulleres nos CIM “nesta situación de excepcionalidade polo Estado de Alarma” e trasladaron a Rueda e a Abella as principais demandas das mulleres que acoden a este servizo.

A sesión abeirouse á liña de comunicación cos Centros de Información á Muller que mantén o Goberno autonómico para “reforzar a atención ás vítimas de violencia de xénero”.

Entre outras cuestións, as persoas encargadas dos centros reflectiron a inquedanza das usuarias dos mesmos polo futuro laboral que lles agarda, con posíbeis perdas masivas de postos de traballo, cuestión pola que solicitaron datos concretos sobre o cobro da axuda mínima vital ou os prazos de solicitudes de axudas.

O Concello de Boiro, trala xuntanza, lembrou que todos os CIM seguen a prestar servizo durante o Estado de Alarma por COVID-19. O persoal do CIM de Boiro segue a traballar para todas aquelas mulleres que o precisen a través do teléfono 981 849 960 ext. 1250, do enderezo electrónico directoracim@boiro.org ou a través de Whatsapp no móbil 669 58 26 74.

Outros artigos

A ABE realiza o sorteo da Campaña de San Valentín

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou na mañá deste venres 13 de febreiro o sorteo dos premios da campaña de San Valentín entre os 1.207 rexistros de compras recibidos a través da web da entidade, co obxectivo de premiar ás persoas que apostan polo comercio...

+

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.