O BNG de Ribeira propón compensar as taxas aos colectivos máis prexudicados polo COVID-19

03 Abril 2020
O concelleiro Luís Pérez Barral nunha imaxe de arquivo

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira, a través do seu concelleiro Luís Pérez Barral, vén de lanzar unha serie de propostas para intentar mitigar as consecuencias negativas do Estado de Alarma polo COVID-19 entre os colectivos máis afectados polas restricións e a crise sanitaria, económica e social. Segundo fai saber a agrupación, cómpre compensar as taxas municipais entre os eidos sociais máis prexudicados. O BNG tamén lembra que se trata dunha medida construtiva que xorde da fórmula da colaboración e da lealdade institucional ante un problema común, o da pandemia, que dende o principio da crise foi a fórmula de traballo adoptada polo partido, xunto “con axudar ás veciñas e veciños do concello no que sexa preciso”. Nas súas palabras, “é hora de arrimar o ombreiro”.

Pérez Barral considera que “tan pronto remita a propagación do virus será hora de poñer en marcha medidas destinadas a paliar as consecuencias sociais e económicas que vai provocar este período de parálise tan longo e extraordinario que estamos a vivir na historia recente”.

En opinión do edil, está claro que as administracións locais son as máis próximas á veciñanza e aos seus problemas, polo que son os concellos os que deben ser os primeiros en tomar decisións: “O Concello non pode ficar parado, debe arrimar o ombreiro e dar solucións”.

Segundo detallou, a proposta presentada polo Bloque vai dirixida a “non deixar que as persoas e colectivos produtivos máis vulnerábeis fiquen atrás nin paguen as consecuencias da crise sanitaria”. A proposta, máis polo miúdo, consiste en acadar a que o Concello de Ribeira estableza “todos os mecanismos que sexan necesarios” para condonar ou compensar o recibo de lixo, auga e saneamento aos colectivos que se viron afectados pola parálise da actividade económica e/ou viran reducidos os seus ingresos nunha contía igual ou maior do 50%.

Por outra banda, o BNG local fai un chamamento a habilitar un paquete de medidas destinado ás persoas autónomas, polo que pretenden que o Concello de Ribeira inste á Xunta de Galiza a “establecer liñas directas de axuda, dirixidas a quen tivesen a obriga de pechar o seu negocio ou que pola paralización da actividade económica visen reducidos os seus ingresos nunha porcentaxe igual ou superior ao 50%”.

Tamén propoñen que as persoas autónomas teñan unha exención da cota de autónomos durante tres meses para afrontar con menor dificultade a parálise da actividade económica e a falta de ingresos.

Por último os nacionalistas de Ribeira queren instar ao Estado e á Xunta a “reduciren a tramitación burocrática das axudas” e piden “crear un servizo de asesoramento municipal no que os colectivos afectados pola crise sanitaria poidan recibir información sobre as liñas de axudas ás que poden optar”.

Para máis información sobre a postura do BNG de Ribeira respecto da crise, foi habilitado un vídeo nas redes coa rolda se prensa de Pérez Barral.

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

En Ribeira detectado un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres

Corresponden a cinco exemplares de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), dos cales catro foron recollidos en Xove e o quinto en Ribeira. A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...