O alcalde de Boiro e os grupos políticos locais botan man da videoconferencia para traballar contra o COVID-19

08 Abril 2020
O alcalde José Ramón Romero falando cos voceiros dos grupos locais

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, mantivo unha xuntanza por videoconferencia cos portavoces dos grupos políticos para trasladarlles todas as novas relativas á evolución da pandemia no concello. A reunión celebrouse na tarde deste martes 7 de abril, sendo o obxectivo que se leven a cabo de xeito semanal. A finalidade destas xeiras de traballo é fomentar a colaboración e manter informados aos representantes das agrupacións locais sobre as novidades derivadas do Estado de Alarma. O Concello quere que os grupos que forman parte da corporación municipal fagan tamén as súas propostas para “atallar a crise”.

En termos máis concretos, o rexedor deu conta do funcionamento do Servizo de Atención para Persoas en Situación Vulnerable, que na actualidade está tratando xa a preto dunhas 40 familias ás que, coa colaboración de Protección Civil, Cáritas e Cruz Vermella, se lles fan chegar alimentos, medicinas e outros bens de primeira necesidade.

Tamén se falou dos labores de desinfección e de limpeza diaria nas infraestruturas e núcleos de poboación de todo o municipio, do servizo de reparto de libros e fotocopias ao alumnado, da campaña de control de mascotas e tamén das denuncias que a Policía Local leva interpostas por incumprir o Estado de Alarma, “algunhas delas de xeito reiterado”.

O rexedor boirense atendeu tamén as preocupacións e demandas dos portavoces, que se centran no control da cidadanía para que se cumpran as restricións pautadas polo Goberno. Os grupos tamén lle fixeron chegar a súa inquietude polo elevado número de persoas que cada día saen polas mañás para facer as compras e fixeron propostas para valorar sobre restricións para incrementar o control.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.