Máis de medio cento de persoas xa recibiron alimentos e medicinas de Servizos Sociais de Boiro

20 Abril 2020

O Concello de Boiro vén de facer balance da repercusión que está tendo o seu servizo de asistencia habilitado co inicio do Estado de Alarma polo departamento de Servizos Sociais. A iniciativa, que se basea en achegar bens de primeira necesidade (alimentos, medicinas) ás persoas que viven en situación vulnerábel, xa chegou a 52 persoas do termo municipal.

En termos máis concretos, Servizos Sociais realizou á Cruz Vermella un total de 19 derivacións para a entrega de medicinas e Cáritas entregou un total de 33 lotes de alimentos, algúns deles en varias ocasións nun mesmo fogar.

O Concello engadiu que esta semana están pendentes de recibir máis produtos outros 10 veciños.

Nesta iniciativa solidaria colaboraron varios centros educativos (facendo doazóns a Cáritas de produtos que tiñan para os comedores escolares) e máis a asociación cultural Peñas Boiro, que levou a cabo unha campaña de recollida de alimentos nos supermercados do termo municipal.

Desde o departamento de Servizos sociais, coa colaboración da Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil, estase contactando coas persoas maiores que viven soas para comprobar que “se atopan ben e se precisan de algunha cousa”, así como facilitarlles todos os medios que teñen á súa disposición. O Concello tamén fornece de asistencia telefónica e os axentes visitan aquelas persoas que non se localizan.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.