CONGALSA achega dúas toneladas de produtos a familias en risco e doa máscaras a Amicos Boiro

08 Abril 2020

Co fin de mitigar as consecuencias dramáticas que está a ter o Estado de Alarma para as familias máis vulnerábeis, a empresa pobrense CONGALSA vén de impulsar unha importante iniciativa solidaria a través dunha serie de doazóns de alimentos. Estas contribucións de CONGALSA materialízanse en máis de 2.000 quilogramos de produtos de seu, que están a ser enviados ás organizacións sociais, e no fornecemento de material de protección para a residencia Amicos de Boiro.

Con estas iniciativas, a compañía quere pór o seu gran de area “apoiando a organizacións que traballan directamente con colectivos que se atopan en situación de vulnerabilidade provocada pola pandemia do coronavirus”. Entre estas entidades atópanse Cáritas e o Banco de Alimentos da Coruña, ás que CONGALSA destinou catro palés de produtos, ou sexa, un total de dúas toneladas de diferentes referencias da súa marca Ibercook Food Service (rolos de primavera e empanadillas, fundamentalmente).

Xunto a isto, a empresa de conxelados da Pobra decidiu axilizar o tradicional apoio económico e adiantar as subvencións que ofrece a entidades sociais do Barbanza, “coas que traballamos decote a través da fórmula do patrocinio no marco da nosa política de responsabilidade social corporativa”, segundo informa Isabel Cañas, directora de Relacións Externas da compañía, engadindo que, deste xeito, “estas entidades poderán afrontar algúns dos gastos orixinados polo intenso labor asistencial que prestan estes días a colectivos en risco de exclusión e máis directamente a afectados pola pandemia”.

A empresa, como dixemos, tamén enviou 150 máscaras de tea reutilizábeis ao persoal e usuarios da residencia Amicos de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.