Boiro pon o foco en equipar con material de protección ao persoal de limpeza e de atención a colectivos vulnerábeis

01 Abril 2020

O Concello de Boiro, a través da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19, avaliou este martes a situación dos diferentes servizos e departamentos municipais en relación á pandemia e as medidas que se están a tomar para pórlle freo. Na xuntanza, na que participaron o alcalde, o tenente de alcalde, o concelleiro de Comercio, o oficial-xefe da Policía Local, o coordinador de Protección Civil e a coordinadora de Servizos Sociais, analizouse (entre outras cousas) a dispoñibilidade do material de protección.

Segundo se lembrou, a prioridade do Concello con respecto aos equipamentos recibidos nos últimos días (máscaras, luvas, desinfectantes) é “cubrir as necesidades do persoal municipal que está a traballar, con especial incidencia nos operarios que se encargan da recollida de lixo, dos servizos de limpeza e desinfección, da asistencia a persoas en situación vulnerábel, etc”. Este material de protección, engadiuse, estaría tamén a disposición de outros colectivos, xa que os representantes do Goberno local recoñeceron estar en contacto coas autoridades sanitarias e tamén con distintas entidades e asociacións locais para que, no caso de que precisen de algún material, se lle poida facilitar. Nesta semana está organizada xa a distribución de equipamentos a algunhas entidades que o demandaron.

Demandas a Servizos Sociais

Dende o departamento de Servizos Sociais recoñeceron que estes días están a recibir cada vez máis demandas de persoas e familias que precisan do Servizo de Asistencia a Persoas en Situación de Vulnerabilidade, e que neste intre se lle está a dar cobertura ás familias que o solicitaron. Para iso, o persoal de traballo social fai unha valoración previa para ver as necesidades que ten a persoa ou familia en cuestión e poder atendelas acorde coas súas necesidades. Servizos Sociais tamén recordou que está en contacto coas autoridades sanitarias para facer un seguimento de todas aquelas persoas con positivo que están recuperándose nas súas casas.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.