Até 186 familias están a recibir apoio en Ribeira dende o inicio do Estado de Alarma

06 Abril 2020
A hostalería local tamén está a colaborar no apoio ás familias en risco

Continúan as iniciativas anti-pandemia en Ribeira, impulsadas pola Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19 e materializadas en recursos para familias en risco, servizos de apoio docente para fogares (reparto de impresións, material escolar, etc), distribución de material de protección, medidas para axudar a autónomos e empresas locais e coordinación de operacións locais e coas diferentes administracións. Este luns 6 de abril achegouse un novo balance da actividade xerada dende o inicio do Estado de Alarma. Segundo se fixo saber, un total de 186 familias do concello están a recibir estes días algún tipo de cobertura, ben sexa con alimentos ou ben con outro tipo de de servizos, como por exemplo o reparto a domicilio de medicamentos ou a realización de compras par aseren carrexadas até os fogares.

Así se explicou na mañá deste luns 6 de abril durante a reunión da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19, na que se concretou que das 186 familias aludidas un total de 32 son atendidas polo Concello a través de Servizos Sociais, mentres que o resto xestiónase a través de dúas organizacións benéficas colaboradoras: Cáritas Parroquial e ICE Renovación.

Nun plano máis específico na xuntanza díxose que se teñen entregado a estas oenegués un total 16 palés de alimentos, máis outros 6 con doazóns diversas.

Ademais, na Comisión deuse conta do “abundante material de protección” repartido ou en fase de reparto: 1.540 máscaras cirúrxicas, 800 máscaras de tela, 96 máscaras con filtro, 640 máscaras doadas por FRINSA, 800 fundas, 900 pares de gafas, 27 pantallas, 110 caixas de guantes, 18 litros de xel dun litro, 24 botes de xel de mans de 50 mililitros, 460 batas e 75 litros de hidroalcohólicos.

Novo auxiliar de Policía Local

O Concello de Ribeira tamén comunicou que estes días vaise fortalecer o importante labor que está a despregar a Policía Local cun novo axente auxiliar. Trátase de Francisco Blanco Anxoar, que até o de agora estaba adscrito aos servizos funerarios pero que “cumpre cos requisitos esixidos para poder desempeñar temporalmente esta outra función”, sinalou o Concello.

Respecto dos partes por incumprimento das medidas do Decreto de Alarma, o xefe de Policía manifestou que houbo seis denuncias durante a fin de semana por saltarse as normas de confinamento.

Por último, declarouse a necesidade de alugar con “carácter de urxencia” unha nave situada en Frións para a súa utilización polo persoal de Emerxencias e Protección Civil.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

Santiago Rodríguez, Santi, fillo do escritor Manuel Rodríguez López, coma el persoeiro de Paradela, era todo amor para Mary, a súa muller; Carlos, o fillo; Irene, a nai; Enrique, o irmán. Tiña como amigos fervorosos a todos os que fóramos amigos de seu pai, e moitos...

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...