As aulas CeMIT achegan múltiples recursos para incrementar os nosos coñecementos informáticos

20 Abril 2020

A rede de aulas CeMIT de Galicia, con presenza en Ribeira, Boiro e Porto do Son, non deteñen a súa actividade de alfabetización dixital malia as moitas cousas que ten en contra a actividade formativa dende as máis variadas frontes. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), responsábel da rede xunto cos concellos, ofrece formación dixital en liña, a través a plataforma de teleformación EMA, que conta cun amplo catálogo de cursos para poder continuar formándose no eido dixital sen saír da casa.

Os cursos están catalogados desde un nivel máis básico, como o uso da tableta, o aproveitamento do smartphone, as redes sociais, ata o uso da administración electrónica, operacións dixitais o tratado de imaxes e vídeos, etc. Para acceder a estes recursos tan só é preciso darse de alta na Rede a través da páxina web de CeMIT.

Apoio para os nosos maiores

A Rede, cuxa actividade fan especial fincapé nas persoas con máis dificultades no acceso a tecnoloxía, entre eles o colectivo de maiores, colabora estes días co aliado dixital Fegaus na iniciativa #MayoresActivosEnCasa, e a través da plataforma web Canal Sénior, calquera cidadán con conexión a internet, pode participar nas charlas sobre tecnoloxía, historia, arte, manualidades, etc.
Ademais, axentes TIC responsables da formación das aulas CeMIT están a centrar a súa labor formativa estas semanas no acompañamento personalizado e titorización, principalmente, das persoas maiores, ben a través do teléfono para os alumnos e alumnas con menos coñecementos, ou a través de mail, redes sociais ou aplicacións de videoconferencia.
Neste último mes, a formación dixital para as persoas maiores orientouse principalmente á comunicación a través das ferramentas e aplicacións dixitais e tamén no uso de servizos dixitais, coma a solicitude de cita no médico (para a consulta telefónica) a través da plataforma de É-Saúde ou a banca electrónica. A formación complétase con propostas de ocio como xogos de memoria, culturais e visitas virtuais, exercicio ou receitas.
Para coñecer as aulas que están a desenvolver este tipo de actividades, aconséllase contactar directamente cos responsables dos centros CeMIT.

Guías, propostas e recomendacións

A axencia AMTEGA, desde o comezo do estado de alerta sumouse a iniciativa #EuQuedoNaCasa e desde a páxina web Faitedixital publica diariamente unha gran variedade de publicacións para toda a cidadanía con propostas de recursos tecnolóxicos que permiten sacar un maior aproveitamento desta situación que estamos a vivir, impulsando un uso seguro e responsable da tecnoloxía no fogar, asegurando un bo teletraballo ou manténdote activo física e mentalmente.
Esta semana as publicacións estiveron dirixidas ás persoas maiores e tamén publicarase a Guía para persoas maiores Aproveita o tempo na casa coa tecnoloxía.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.