AnimARTE prosegue até o remate do confinamento o seu chamamento creativo anti-COVID

20 Abril 2020

De entre todas as consecuencias negativas que ten o Estado de Alarma e o confinamento das familias, que son moitas e moi graves para unha chea de colectivos, é posíbel sacar algo positivo. Por exemplo: as oportunidades que se nos brindan para sacar o artista que levamos dentro. Entre as accións impulsadas na nosa comarca máis destinadas a facer da monotonía unha paréntese de talento atópase o certame AnimARTE do Concello de Ribeira, que comezou a súa andaina o 25 de marzo e que repartirá vales de compra no comercio e na hostalería local por valor de 20.000 euros, co obxectivo de premiar as contribucións da cidadanía á música, ao cinema, ao debuxo, á fotografía, ás performance, á poesía, á literatura, á arte dos contos orais ou á calquera manifestación artística que se lle ocorra aos participantes. O certame, que xa recibiu arredor de 200 contribucións, materialízase a través de Internet e a conta culturaefestexos@ribeira.gal, ou por Whatsapp ao 638 523 560, que son as das canles que debemos empregar para enviar as creacións.

Como dixemos, repartiranse 20.000 euros en premios a través dunha ducia de categorías (11 en total, cada unha das cales ten 3 subcategorías en función do tramo de idade) e sorteos de vales de compra entre os participantes (as bases poden consultarse na páxina www.ribeira.gal).
Cómpre lembrar que o concurso AnimArte na Casa prolongarase mentres dure o Estado de Alarma e que as obras presentadas nas diferentes categorías (artes plásticas, artes escénicas, conto, poesía, cómic, peza musical, etc…) publícanse na páxina de Facebook Entérate do Concello de Ribeira, onde son os gústame dos visitantes os que decidirán as obras gañadoras nas 33 modalidades (11 categorías x 3 franxas de idade), cada unha das cales está recompensada con vales de compra por valor 150 €. Ademais, entre os participantes nos concurso sortearanse 500 vales de compra de 30 €. En ambos casos, a investir nos comercios e locais de hostalería e restauración que se adhiran ao certame.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.