Ambar supera as circunstancias do confinamento con atención diúrna online

03 Abril 2020

A asociación Ambar, con sedes en Ribeira e Pobra e centrada na inclusión e dignificación dos colectivos con diversidades funcionais, fixo durante o Estado de Alarma decretado polo Goberno central un esforzo importante por seguir garantindo a súa actividade e os seus servizos aos ditos colectivos e ás súas familias. Así, dende o pasado 30 de marzo a asociación comezou a emprestar a súa atención diúrna en formato dixital, “para poder dar apoio ás persoas con diversidades que asisten aos servizos de Centro de Día e Centro Ocupacional”, e que na actualidade, por mor da crise sanitaria, están provisionalmente pechados.

A respecto desta adaptación do labor xerado en Ambar ás contornas virtuais, a asociación fi saber que o “obxectivo desta actividade a distancia é que o peche dos servizos presenciais afecte o menos posíbel ás persoas con diversidade e ás súas familias”.

Tamén destaca a entidade que as actividades que se propoñen a través das canles privadas en YouTube en Facebook “son moi diversas e intentan cubrir a atención e asesoramento que xa se ven prestando en modalidade presencial”.

Inclúense polo tanto sesións grupais para a estimulación cognitiva e psicomotriz, formativas, deportivas, artesanais ou artísticas; e tamén se pon o foco na atención individual para dar resposta “a actuacións máis específicas”, explican dende Ambar, engadindo que nas áreas de psicoloxía, fisioterapia ou traballo social estase atendendo de xeito individual ás persoas usuarias e ás súas familias. Ademais, mantéñense seguimentos periódicos por teléfono para coñecer as necesidades que podan xurdir.

Outro dos puntos nos que fai fincapé a asociación é a vontade de ampliar os horizontes de atención con este programa: “Se ben estas actividades están destinadas principalmente a persoas usuarias dos servizos de Centro de Día e Ocupacional, iremos publicando aquelas das que a poboación con diversidade poida beneficiarse tamén”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.