Ambar enche de creatividade as redes co seu servizo de atención diúrna virtual

21 Abril 2020

As entidades da nosa comarca que xa tiñan ampla presenza nas redes están a ter, nestes tempos de COVID-19, unha especial actividade dixital. Do que se trata é de que o traballo social, formativo, divulgativo e dinamizador non se interrompa. Dende a Asociación Ambar de Ribeira e Pobra, centrada na inclusión e dignificación dos colectivos con diversidades funcionais, os días da semana seguen a ser intensas xornadas de traballo creativo, coa diferenza de que se convocan e materialízanse nos móbiles, nas tabletas e nos computadores. Ao fío disto, a semana pasada rematou con rutinas de adestramento deportivo, de estimulación (fabricando a nosa propia plastilina), de ocio dixital (informática básica) e de cociña (pizzas caseiras).

E xa postos nesta semana, as actividades seguen sen interrupción con retos motrices deportivos, elaboración de cartas de presentación con vistas á inclusión laboral, estimulación sensorial e obradoiros de habilidades con diferentes retos e enigmas a resolver.

Todas estas accións estanse a canalizar a través do servizo de atención diúrna en formato dixital impulsado por Ambar co inicio da crise sanitaria. Trátase dunha iniciativa destinada a “apoiar ás persoas con diversidades que asisten aos servizos de Centro de Día e Centro Ocupacional” (e que na actualidade fican confinadas por mor da crise sanitaria).

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.