Como ven facendo desde hai días o alcalde ribeirense, Manuel Ruíz Rivas, diríxese ós veciños do Concello coas últimas novidades da Comisión de Seguimento da Evolución do Coronavirus.
Na parte final da mensaxe veciños e populares como o xornalista Suso Souto, o Grupo Cómplices e o futbolista Poli Rincón lémbrannos que debemos quedarnos na casa.
